Programa Xogade. Actividade Hip-Hop 5º E.P.

Vídeo

Entre as celebracións do Entroido acudimos ao centro de maiores Agarimo. Compartimos con eles unha exposición sobre o Entroido galego e fixemos una manualidade sobre o mesmo.

Co intercambio interxeneracional aprendemos todos 🌱

O alumnado de 5º e 6º pintando unha parede do noso cole grazas a actividade ” Plantando árbores con pinceis”.

O 3 de decembro é o día internacional das persoas con discapacidade. Alumnado do colexio decorou un paraugas para colaborar con diversas asociacións de Vigo co lema que propoñen, co fin reivindicar este día e os dereitos de todas as persoas: BAIXO O MESMO PARAUGAS.

Alumnado de infantil e primero ciclo de primaria participou na actividade desenvolvió pola Fundación Igualarte: “Todos e todas contamos”, unha proposta inclusiva para o público escolar.

O alumnado de 3º de E.P. participando nas sesións de bádminton grazas ao programa Xogade.

A mesa de luz apórtanos emoción e sorpresas. Ademais fomenta a nosa  curiosidade e creatividade ☺️ ✨

A semana pasada, o alumnado de primaria e secundaria recibiu unha sesión do deporte Loita Olímpica a cargo do clube “ O Castro”.

O alumnado de 2º E.P. disfrutando dunha sesión de atletismo grazas o programa Xogade.

No Samaín tivemos tempo para todo: exposición de cabazas, doces terroríficos, disfraces, bailes, diversión… E tamén para experimentar con algunhas emocións.