Este ano o Colexio para conmemorar este día fixemos unha tarefa colaborativa entre as etapas de Infantil, Primaria e Secundaria: un EMOCIONARIO.
As emocións son estados afectivos innatos e automáticos que se experimentan a través de cambios fisiolóxicos, cognitivos e conductuais. Fannos menos vulnerables a contorna que experimentamos.
Os sentimentos son a toma de conciencia desas emocións etiquetadas.Sirven para expresar, de xeito racional o noso estado anímico.
“Descubrir, identificar y diferenciar las emociones a través de este Emocionario es una forma de educar a los más pequeños:
- Para que sientan sin temor,
- Para que se descubran a sí mismos
- Para que acaben convirtiéndose en adultos autoconscientes con habilidad sensitiva para afrontar los RETOS DE LA VIDA “
Rosa Collado Carrascosa
Alumnos, alumnas, pais e nais demostraron as súas dotes de grandes corredores no XXIV Cross escolar A.D. Castro-S. Miguel que tivo lugar o pasado domingo, día 27, no parque de Castrelos na nosa cidade.
Cunha ampla participación, oitenta e un corredores, deixamos a nosa pegada no evento e moitas e divertidas esceas que podedes ver no vídeo.
PARABÉNS aos máis peques que recolleron os seus trofeos no podium e a todos os participantes por facelo cunha sorrisa e moita enerxía!