Educación infantil
Est@s alumn@s, por comodidade, para poder desenvolver a súa autonomía e as distintas habilidades motrices, utilizarán o chándal e o mandilón ao longo de todo o curso.
O uniforme deportivo adáptase á temperatura estacional ao gusto do alumnado e das súas familias.
- Chándal regulamentario: sudadeira, pantalón curto (bermuda) ou longo.
- Camiseta branca de manga curta co logo do Colexio.
- Camiseta co logo do Colexio de manga curta ou longa ou jerseys de cuello volto brancos. Non están permitidas as camisetas brancas que leven debuxos ou publicidade.
- Calcetíns brancos.
- Zapatillas deportivas brancas de belcro.
Mandilón
Mandilón de fondo azul turquesa, coas mangas e o bolsillo amarelo, con botóns grandes laranxas e a serigrafía da xirafa no lateral, sen pescozo nin cinturón. Ten que levar una cinta de 20 cm. no pescozo para podelo colgar no percheiro. Ten que levar o nome na parte dianteira.
Outros
- Roupa de abrigo: a que desexe, sempre que sexa cómoda. Pode traer bufandas, gorros e viseiras co seu nome marcado.
- Roupa de reposto: calcetíns, pantalón, camiseta e roupa interior. Ten que vir nunha bolsa plástica con nome.
- Mochilas: pequenas e SEN rodas.
Agradecemos que no momento no que xurda unha situación puntual que impida ao alumnado traer esta vestimenta, nolo comuniquedes cunha notiña.
TODA A ROUPA DEBE VIR MARCADA CO NOME E APELIDOS DESDE O PRIMEIRO DÍA.