COMEDOR
As comidas serán servidas polo catering ADRIMIAL FOOD. Este servizo está dispoñible durante todo o curso (de setembro a xuño).
Os usuarios de comedor poden facer uso da LUDOTECA de forma gratuita ata as 17:30h.
Na xornada de tarde, os alumnos que así o precisen e previo permiso do seu mestre ou titor poderán acceder á AULA DE ESTUDO onde poderán facer traballos en equipo baixo o control do mestre de garda.