Os alumnos de ESO tamén viaxan moito ao longo do ano sempre acompañados dos mestres do colexio. Disfrutan de:
- Viaxes histórico literarios de tres días visitando alguna cidade, os seus arrededores e coñecendo a súa importancia na Historia da Humanidade como: Toledo, Atapuerca, Burgos, Madrid, Mérida, etc.
- Viaxes ao estranxeiro: durante cinco días visitan cidades como: Bruxelas, París, Londres, Edimburgo, Dublín, Copenhague, etc. para coñecelas e practicar a lingua inglesa e francesa.
- Viaxes de fin de curso: os alumnos de 4º ESO despídense dos seus compañeiros para comezar a súa andadura fóra do ALBORADA cunha viaxe ao remate do curso a lugares coma Tenerife, París, Lisboa, O Algarve, Roma, etc.
- Viaxes ás sedes das exposicións científicas (Ourense, Barcelona, Bilbao e Plasencia) ou para recoller premios en Madrid.
- Viaxes de intercambio lingüístico. Consultade o apartado “Intercambios” nesta páxina web.