O alumnado de Secundaria plantou un carballo en homenaxe a Francisco Fernández del Riego.

O venres asistiu ao noso centro José M. Fernández Guedella para dar ao alumnado de 3º e 4º ESO unha charla sobre a motivación a través do deporte e sobre a súa participación na Titan Desert.

O pasado martes 18 de abril o alumnado de 3º e 4º ESO visitou a sala Ártika en Vigo para ver a representación teatral dunha gran traxicomedia da nosa Literatura Española: “A Celestina”

A obra publicada no 1502 por Fernando de Rojas narra o romance entre Calixto e Melibea coa intervención da alcahueta mais famosa da historia: Celestina.

Os rapaces e rapazas disfrutaron da actuación dunha soa actriz que con varios monitreques foi quen de desenvolver de xeito espectacular unha gran adaptación da obra mencionada.

Saíron a escena: Calisto, Melibea,Celestina, Pármeno, Sempronio, Pleberio,Alisa,Areúsa…a través dos cales vimos personificados temas como: a codicia, o amor enfermizo e a morte.

Seguro que os 47 alumnos de 3º e 4ºeso recordarán frases como:

“ Melibeo son e a Melibea adoro” 

  ou a que di Celestina: 

“ Son unha vella cal Deus me fixo…si bien o mal vivo

  Deus é testigo do meu corazón “

Sen dúbida todo un pracer para os nosos oídos poder disfrutar de todos os soliloquios e os fermosos diálogos…

Ata outra!

O sábado 22 e o domingo 23 terá lugar  na Porta do Sol  a feira de proxectos científicos CinVigo.  Neste evento, que pretende convertir o centro da cidade nun laboratorio, estarán expoñendo os alumnos e alumnas de secundaria do noso colexio.

Non o podedes perder!

Ciclo de conferencias de Lingua castelá en 1º e 2º ESO.

O xoves 16 de Marzo o alumnado de 3º e 4º ESO do centro participaron na charla presencial impartida pola científica María Fernández Míguez, bióloga mariña de Vigo.
A Voz de Galicia, a través,de su programa educativo Prensa Escuela e a empresa
Viaqua puxeron en marcha o programa “ A Voz da muller STEM “ co fin de promover
as vocacións científico-tecnolóxicas entre as rapazas.
A charla estivo a cargo de María Fernández que a través dunha presentación mantivo un diálogo sobre a súa vocación como bióloga narrando as vivencias que tuvo en Noruega e noutras zonas do mundo investigando o acuicultivo do bacalao.
Actualmente traballa no Instituto de investigacións Mariñas . O alumnado realizou varias preguntas sobre o traballo da investigación e a experiencia resultou moi enriquecedora … ata o vindeiro curso.
Aquí tedes unhas fotos:

O luns 13 de marzo o alumnado de 3º e 4º ESO visitou a 7ª Feira de ensinadas artísticas e protecionais que se celebra no auditorio Mar de Vigo.

8 M : Mulleres protagonistas na Historia

No colexio Alborada celebramos o día internacional da muller traballadora.
O alumnado recopilou biografías de mulleres importantes o longo da nosa Historia, especialmente : heroínas, espías e pintoras.
Posteriormente,saímos o corredor para mirar e ler o traballo de todos os rapaces e rapazas. Aquí tedes algunhas fotos…

O 24 de febreiro Educación Secundaria visitou o Museo provincial de Pontevedra e fixo unha visita guiada pola cidade.