O Colexio Plurilingüe Alborada leva adicado a docencia casi 40 anos na cidade de Vigo. Ofertamos Educación Infantil, Primaria,Secundaria e Especial e múltiples servizos e actividades innovadoras.

O noso horario lectivo é de xornada única desde as 8.40 ata ás 14.00h. O centro permanece aberto desde as 7.30h da mañá ata ás 17.30h, grazas aos servizos de Aula Matinal, Ludoteca e Comedor, que conta con todas as necesidades alimentarias do alumnado e menús deseñados pola nosa nutricionista e dispoñemos dun amplo abano de Actividades Extraescolares (natación, robótica, xadrez,…).

ALBORADA conta cunha superficie edificada de uns 3.000 m2 en dous módulos: un construído no ano 1990 e ampliado no ano 1996, e outro, recentemente reformado no verán do 2018.

Traballamos cunha soa liña en todas as etapas: Infantil, Primaria, Secundaria e Ed. Especial; o que permite xerar un ambiente familiar e un trato personalizado co alumnado atendendo á diversidade e maximizando a educación inclusiva, sendo este un dos principais puntos fortes da nosa escola.

No noso modelo educativo destacamos a constante renovación pedagóxica do centro adaptándonos ás novas realidades.
Formamos parte da rede de centros plurilingües da Xunta de Galicia, fomentando o uso da lingua inglesa desde os tres anos coa participación dunha Auxiliar de Conversa nativa e un segundo idioma estranxeiro na ESO (Francés), realizamos viaxes de inmersión e intercambios lingüísticos (eTwinning) a diferentes países europeos e participamos en concursos tales como Speelling Bee e Europe Young Parlament. Aínda así, non esquecemos traballar a fondo a oratoria e a escoita activa dos nosos alumnos tanto en galego como en castelán.

Google Suite for Education (ALBOTIC) é a ferramenta implantada no noso centro. Os alumnos desenvolven as TICS en todas as materias,
non só na aula de Informática, Tecnoloxía e Robótica. Co fin de optimizar todo o potencial do alumno contamos, desde os tres anos, con mestres especialistas en Música e Psicomotricidade, onde traballamos as emocións intrapersoais e interpersoais, e estamos a dar os primeiros pasos no cálculo Aberto Basado nos Números (ABN).

Disfrutamos promoviendo a curiosidade en grandes e cativos a través de retos e proxectos de investigación e participamos en expociencias (Galiciencia, Exporecerca,…), foros intercomunitarios, ponencias (MAGMA), concursos e xornadas científicas a nivel nacional e internacional. O noso laboratorio é unha fábrica constante de ideas, de innovacións e ilusións onde os nenos vólvense competenciais no método científico e melloran as habilidades comunicativas. Desde fai dez anos acadamos moitos e variados premios nestes certames.

Potenciamos a formación íntegra do alumno a través de das vivencias formais recibidas no centro e valoramos, tamén, a influencia do contorno informal polo que realizamos excursións, campamentos, visitas culturais e viaxes nacionais onde os nosos alumnos coñecen o patrimonio nacional e disfrutan duns animados días de convivencia.

Toda a nosa actuación educativa desenvolve nos nosos alumnos os valores do cooperativismo priorizando no respecto, a tolerancia, a solidariedade e a autonomía. Celebramos as conmemoracións sinaladas no currículo oficial e participamos en Proxectos de Aprendizaxe Colaborativos (PAC) como “Padriños de Lectura”, “Preséntame tu Libro”,”Show & Tell”… e colaboramos con asociacións do noso entorno como o “Banco de Alimentos”, “AYUVI”, “Comunidade de Montes de Candeán”, “Asociación de Mariñeiros de Bouzas”,…

Finalmente, subliñar que o noso obxectivo xeral é promover unha educación integral do alumno para que desenvolva todas as súas dimensións persoais partindo dunha visión educativa, activa, creativa e libre.