PREINSCRICIÓN CURSO 2017/18

As familias que estean interesadas en matricular aos seus fill@s no noso centro poden chamar ao teléfono do colexio (986 272 432 / 628 323 804) para informarse sobre o proceso de preinscrición.

No mes de marzo convocaremos aos interesad@s a unha reunión para resolver dúbidas, entregar a documentación para formalizar a preinscrición e amosarlles as instalacións.

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: 1 – 20 marzo de 2017

ZONA DE INFLUENCIA DO COLEXIO ALBORADA

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA (zona 3)

Contén as parroquias de San Paio e Candeán ademáis do lugar ou barriada de Carballal- Cabral, e tendo a súa limitación na Avenida do Aeroporto.

EDUCACIÓN SECUNDARIA (zona 5)

Comprende dende o cruce dos Choróns subindo por Urzáiz (marxe esquerda) ata ó cruce do Couto de San Honorato subindo pola rúa San Roque (banda esquerda), pola rúa de Doutor Carracido e toda a banda dereita da Travesía de Vigo (dende o cruce dos Choróns ata o remate da mesma) (Zona do Calvario)

NORMATIVA REGULADORA DA ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS:

  1. Decreto 254/2012 do 13 de decembro – Decreto 3072007
  2. Orde do 12 de marzo de 2013 – Orde 12 de marzo de 2013

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

  1. Será do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos. Coa solicitude de admisión deberá achegarse copia do D.N.I. d@ alumn@ ou copia do libro de familia acreditativo da súa idade.
  2. Todas as solicitudes deberán contar coa data e selo de rexistro de entrada que acredite a súa recepción, en todos os centros educativos públicos e privados concertados, e axustaranse ao modelo oficial (Anexo 2 e Anexo A).

CALENDARIO:

Do 1 de marzo ao 12 de abril, ambos os dous inclusive, nos Centros con máis demanda que oferta, presentación da documentación acreditativa dos criterios de admisión:

  • Existencia de irmáns matriculados no centro, acreditarase coa copia do libro de familia- 8 puntos polo primeiro irmán, polo segundo e seguintes 2 puntos por cada un. Non se obterá puntuación neste apartado cando @ irmán/irmá estea matriculado no último curso das ensinanzas ofertadas no Centro, con independencia de que poida repetir curso ou non. Nos casos de irmáns nados nun parto múltiple, outorgaráselle a cada un deles a puntuación que establece a orde para irmáns matriculados no Centro sempre que o domicilio familiar estea na mesma área de influencia.
  • Pai/nai/titor legal traballador do centro, acreditarase con certificación do titular do centro visada pola inspección educativa para o persoal docente e contrato de traballo para o persoal non docente 3 puntos.
  • Proximidade do domicilio familiar acreditarase mediante certificado de empadroamento municipal no que figure todos os membros da unidade familiar que conviven nel e a data de alta no concreto domicilio. O empadroamento do alumno deberá ter unha antigüidade dun ano respecto ao fin do prazo da presentación de solicitudes e estar expedido no ano en curso. De tratarse dun cambio de domicilio con menos dun ano de antigüidade, deberá xustificarse coa copia de escritura compravenda ou contrato de aluguer, xuntamente cos últimos recibos de subministración (auga. luz ou gas) a nome dun dos proxenitores d@ alumn@. Se neses certificados de empadroamento non figura algún proxenitor, o centro requirirá a sinatura e fotocopia do DNI do outro. A garda e custodia non é suficiente para que un dos pais poida solicitar un cambio de centro se ambos proxenitores conservan a patria potestade. A coincidencia do domicilio familiar e fiscal esixirase para os dous proxenitores ou titores legais. De non coincidir, deberán xustificar ese feito e presentar copia de escritura de compravenda ou contrato de aluguer, xuntamente cos últimos recibos de subministracións (auga, luz ou gas) a nome dun dos proxenitores d@ alumn@. No caso de menores que vivan en domicilios distintos aos dos seus proxenitores ou titores legais, necesitarase certificado de convivencia expedido polo concello no que se acredite a convivencia real.
    • Área de influencia do centro 6 puntos.
    • Áreas limítrofes 3 puntos.
  • Proximidade do lugar de traballo do pai/nai/titor legal acreditarase mediante certificado expedido polo titular da empresa e copia do contrato laboral – área de influencia do centro 4 puntos; áreas limítrofes, 2 puntos. O solicitante poderá demandar que se teña en conta o domicilio familiar ou o lugar de traballo, non sendo acumulables as puntuacións polos dous criterios.
  • Rendas anuais da unidade familiar. Considérase que a unidade familiar está composta polos proxenitores non separados legalmente ou parellas de feito rexistradas, ademáis d@s fill@s emnores de idade ou maiores incapacitados cos que convivan. Nos casos de nulidade, separación ou divorcio, considérase o proxenitor que teña a garda e custodia; se a custodia é compartida, atenderase aos que convivan no domicilio indicado na solicitude. Para a valoración da renda per cápita da unidade familiar, determinarase a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral (casilla 430) e da base impoñible de aforro (casilla 445) das declaracións de renda de todos os membros da unidade familiar, dividida entre o número de membros desta. O IPREM a aplicar é o correspondente ao ano 2014 (6390,13€). A situación da unidade familiar é a correspondente ao 29 de febreiro de 2016.
    • Ingresos inferiores 0,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples 3 puntos.
    • Ingresos igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o indicador 2 puntos.
    • Ingresos igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao indicador 1 punto.
    • Ingresos iguais ou superiores ao indicador 0 puntos.Na solicitude de admisión os país/nais/titores legais autorizarán expresamente a utilización da información de carácter tributario que se precisa para a acreditación da renda, que será subministrada directamente á Consellería de Educación pola axencia tributaria. Dita información será a que corresponda ao exercicio fiscal anterior en dous anos a o ano natural no que se presenta a solicitude. A non autorización implica 0 puntos neste apartado.
  • Por discapacidade do alumn@ 4 puntos. Da nai/pai/titor legal 3 ptos. Discapacidade nalgún dos irmáns d@ alumn@ 1 punto. Acreditarase mediante certificación do ditame emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou, se é o caso, doutras administración públicas.
  • Condición de familia numerosa: acreditarase mediante fotocopia do título oficial ou carné familiar galego ou da súa solicitude de familia numerosa (neste caso aportarase fotocopia compulsada do título ou carné antes da resolución definitiva da admisión). Aceptarase tamén o certificado de familia numerosa para familias formadas por dous fill@s e outro non nado. Deberá estar en vigor á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
    • Categoría especial: 3 puntos
    • Categoría xeral: 2 puntos
  • Condición de familia monoparental: enténdese por familia monoparental a composta por un único proxenitor@ que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e teña @s fill@s menores ao seu cargo, sempre que @ outr@ proxenitor@ non contribúa economicamente ao seu sustento. Nos casos de viuvez ou orfandade, se se percibe unha pensión, non se considerará familia monoparental. Acreditarase mediante fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia , convenio regulador e resolución xudicial: 2 puntos.
  • Criterio complementario do centro:fillos/as de exalumnos do centro, 1 punto.

IMPORTANTE: a documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal ou copia cotexada (punto 2 do artigo 16 da orde do 13 de marzo de 2013)

DATAS:

  • Ata o 25 de abril, publicación provisional de admitidos e non admitidos.
  • Desde a publicación do listaxe provisional de admitidos e non admitidos, haberá 5 días hábiles para a presentación de reclamacións.
  • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos, antes do 15 de maio.
  • Os prazos de formalización de matrícula serán os seguintes:
    • Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.
    • Do 25 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria.
    • Prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro para o alumnado de educación secundaria obrigatoria.

Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta, decaerá o dereito á praza obtida.

ANULACIÓN DE SOLICITUDES POR DUPLICIDADE:

  • Cada alumno/a só pode presentar una única solictude no centro que solicite praza en primeiro lugar.
  • O alumno/a que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
  • A presentación de máis dunha solicitude para un/unha mesm@ alumn@ implicará a perdida de prioridade.

CUBRIR O APARTADO DE OUTROS CENTROS, POR ORDE DE PREFERENCIA, E PRESENTAR A SOLICITUDE NO CENTRO DE 1ª OPCIÓN.

CADRO DE VACANTES