Para practicar os idiomas estudados no centro, inglés e francés, nun entorno acorde e inmersos na propia cultura do país, organizamos un intercambio anual con  estudantes estranxeiros aos que imos coñecendo ao longo dun curso ou dous a través de actividades virtuais.

Coñece o noso blog e comprobarás que viaxamos e visitáronnos desde moi lonxe (Noruega, Suecia, Polonia, Italia e Eslovenia).