QUE É O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN?

O Departamento de Orientación en ESO, realiza as seguintes funcións:

Co alumnado:

  1. A nivel grupal, planifica actuacións orientativas en distintas áreas: convivencia, saúde, técnicas de estudo, orientación académica e profesional, habilidades sociais, prevención de drogodependencias, información sobre temas formativos de interés para os adolescentes… Estas actuacións lévaas a cabo ben a tItoría, ben a orientadora ou ben, entidades especializadas alleas ao colexio (Concello, Cruz Vermella Xuventude, asociacións,…) . Tamén realiza avaliacións psicopedagóxicas grupais a través de probas específicas.
  2. A nivel individual, o Departamento de Orientación atende problemas de estudo, de relación cos compañeiros, amigos e familiares, problemas persoais, dificultades de aprendizaxe, … Valora necesidades educativas do alumnado e deseña propostas de actuación.
  3. Realiza reforzos educativos especializados.
  4. Coordina a Xunta de Delegados. …

Coas familias:

  1. Entrevista as nais/pais d@s alumn@s, para informar, suxerir, asesorar en temas relacionados coa educación dos seus fill@s.
  2. Tamén para recoller información que poida facilitar a orientación d@ alumn@.
  3. Colabora en escolas de pais.

No colexio:

  1. Asesora ó profesorado cando se lle require.
  2. Coordina o Plan de Convivencia.
  3. Vela pola confidencialidade dos documentos ó seu cargo.
  4. Asiste e colabora nas sesións de avaliación.
  5. Mantén contacto con institucións educativas oficiais da Consellería como a Inspección ou os Equipos de Orientación Específicos.
  6. En xeral, colabora en todas as actividades que o colexio requira, en especial na Comisión de Coordinación Pedagóxica.