Educación infantil

Est@s alumn@s, por comodidade, para poder desenvolver a sua autonomía e distintas habilidades motrices, utilizarán o chándal e o mandilón ao longo de todo o curso (de setembro a xuño).

O CHÁNDAL ou UNIFORME DEPORTIVO se adapta á temperatura estacional ao gusto do alumno e das súas familias. Deste xeito, pode utilizar o uniforme de inverno ou de verán.

Uniforme de verán

  • Chándal regulamentario: sudadeira e pantalón curto.
  • Camiseta branca de manga curta co logo do Colexio.
  • Calcetíns brancos
  • Zapatillas deportivas brancas de belcro.

Uniforme de inverno

  • Chándal regulamentario: sudadeira e pantalón longo.
  • Camiseta branca de manga curta co logo do Colexio. Polos de manga longa ou curta, ou xerseis de cuello volto brancos. Non están permitidas as camisetas de manga longa ou curtas que leven debuxos, publicidade…
  • Calcetíns brancos
  • Zapatillas deportivas brancas de belcro.

Uniforme de psicomotricidade

Utilizarán zapatillas de ximnasia negras. Deberán vir nunha bolsiña de tela (tipo merenda). @s alumn@s de 3 anos a utilizarán a partires do mes de xaneiro Os cursos de 4 e 5 años deberán traelas xa desde o mes de setembro.

Mandilón

Mandilón de fondo azul turquesa, coas mangas e o bolsillo amarelo, con botóns grandes laranxas e a serigrafía da xirafa no lateral, sen pescozo nin cinturón. Ten que levar una cinta de 20 cm. no pescozo para podelo colgar no percheiro. Ten que levar o nome na parte dianteira.

Outros

  • Roupa de abrigo: a que desexe, sempre que sexa cómoda para @ nen@. Pode traer bufandas, gorros e viseiras.
  • Roupa de reposto: calcetíns, pantalón, camiseta e roupa interior. ten que vir nunha bolsa plástica.
  • Mochilas: pequenas e SEN rodas.

Agradecemos que no momento no que xurda unha situación puntual que impida @ alumno@ traer esta vestimenta, nolo comuniquedes cunha notiña na mochila.

TODA A ROUPA DEBE VIR MARCADA CO NOME E APELIDOS DESDE O PRIMEIRO DÍA.