,

Saída ao teatro – 3º e 4º ESO

O pasado martes 18 de abril o alumnado de 3º e 4º ESO visitou a sala Ártika en Vigo para ver a representación teatral dunha gran traxicomedia da nosa Literatura Española: “A Celestina”

A obra publicada no 1502 por Fernando de Rojas narra o romance entre Calixto e Melibea coa intervención da alcahueta mais famosa da historia: Celestina.

Os rapaces e rapazas disfrutaron da actuación dunha soa actriz que con varios monitreques foi quen de desenvolver de xeito espectacular unha gran adaptación da obra mencionada.

Saíron a escena: Calisto, Melibea,Celestina, Pármeno, Sempronio, Pleberio,Alisa,Areúsa…a través dos cales vimos personificados temas como: a codicia, o amor enfermizo e a morte.

Seguro que os 47 alumnos de 3º e 4ºeso recordarán frases como:

“ Melibeo son e a Melibea adoro” 

  ou a que di Celestina: 

“ Son unha vella cal Deus me fixo…si bien o mal vivo

  Deus é testigo do meu corazón “

Sen dúbida todo un pracer para os nosos oídos poder disfrutar de todos os soliloquios e os fermosos diálogos…

Ata outra!

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *