Tivemos a gran sorte de que polo día das Letras Galegas visitounos Ledicia Costas, a autora dos nosos libros de este ano da clase de Lingua Galega. Tamén tivemos que compoñer a biografía de Antonio Fraguas buscando a información nos pósters da súa biografía.

Os pasados luns, martes e mércores, do 13 ao 15 de maio de 3º a 6º de E. Primaria fomos de campamento á Granxa KIRIKO. Alí vivimos un montón de aventuras.
Este é o noso resumo! Que ben o pasamos!

Obradoiro de mercado – 4º E.P.

O xoves 9 de maio os alumnos de 5º e 6º EP expuxeron os seus trabalhos e visitaron Galiciencia.

Hoxe foi un día moi especial que comezou cunha “acampada lectora” baixo a luz das lanternas. Despois, saímos victoriosos do ESCAPE BOOK de Harry Potter onde as nosas habilidades e cultura literaria púxose a proba! Amosámosvos unhas fotos.

Os alumnos de terceiro foron de visita ao parque de bombeiros. Aprenderon moito, quedaron encantados con esta dura profesión.
Esta actividade foi organizada pola ANPA. Moitas grazas.

Visita aos bombeiros – 4º E.P.