,

Entrega de premios Vigolandia

No XIII certame de pintura celebrado con motivo da última edición de Vigolandia, foi galardonada a nosa alumna Andrea Araújo (6º EP). O xoves 20 de febreiro tivo lugar o acto de entrega de premios na Alcaldía de Vigo. Andrea, acompañada da súa nai e da directora do centro, recibiu un saúdo de Don Abel Caballero que lle fixo entrega do diploma que a acredita como a gañadora do premio.

Parabéns, Andrea!

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *