Que divertido e interesante a visita a Biblioteca municipal Xosé Neira Vilas!
Fixemos un recorido por varios paises do mundo e os seus costumes.
Que máxico é o mundo dos libros!

Visita á biblioteca Neira Vilas do alumnado de 4º E.P.

 

Os alumnos de 3° de primaria visitaron as instalacións do periódico máis antigo de España: Faro de Vigo.

 

O venres 5 de abril celébrase a 13ª edición do Spelling Bee Contest organizado por Schoolhouse. Os participantes deste ano son:

Uxía Estévez Otero – 5º EP

Xoán Rodríguez Santalices – 5º EP

Luz Pérez Novoa – 3º ESO

Pablo Vilaboa Vizcaíno – 3º ESO

Moita sorte a todos!

 

Os alumnos de 5º e 6º EP disfrutaron dunha xornada chea de sorpresas e premios para todos participando na II OPEN CHESS, xornada interescolar de xadrez con varios colexios da cidade.
Actividades de xadrez con membros da ONCE, o cubichess, o xadrez xigante, partidas simultáneas …e un interesante torneo que nos deixou con moitas ganas de repetir para o ano que ven.

Preme neste enlace para ver o vídeo:     Open Chess 19 Alborada

Os alumnos de 5º EP dedican o recreo dos xoves a ler cos seus afillados de 5 anos. É un momento moi esperado por ambolos dous cursos e moi entrañable xa que non so fomenta a lectura senon que fortalece a relación entre os maiores e pequenos. Podedes ver máis fotos no blog de Infantil 5 anos.

A nosa alumna de 5º EP Sarah Ricón gañou o concurso de debuxo organizado polo Concello de Vigo con motivo de Vigolandia (Nadal). Sarah recibió o premio da man do alcalde da cidade, Abel Caballero. Parabéns!

 

Os alumnos de 5º e 6 EP describiron os traballos que desenvolven as súas nais, debuxáronas e comentamos se había diferenzas cos que desempeñan os seus pais falando da importancia de tratar a unhas e outros como iguais, como profesionais.