Xa están dispoñibles na Secretaría do centro as listaxes PROVISIONAIS da adxudicación dos libros de fondo de Ed. Primaria. Haberá dous días para reclamación e as listaxes DEFINITIVAS publicaranse o mércores 30 de xuño.

As listaxes PROVISIONAIS de Ed. Secundaria estarán dispoñibles a partires do mércores 30 de xuño.

 

Graduación 4º ESO – Curso 2020-21

Poden anotarse ás clases extraescolares de inglés a través do seguinte enlace: https://www.schoolhousevigo.com/alborada/

O enlace facilitado na circular enviada a semana pasada da erros. Moitas grazas.

O pasado 16 de xuño, en 6º de Educación Primaria, tivemos a gran sorte de poder conectarnos por vídeo-chamada con Ledicia Costas, a autora do libro que lemos este ano “Vampira de biblioteca”.

ACTUALIZACIÓN: por mor do tempo, o acto de graduación trasládase ao luns 21 de xuño.

En cumprimento do protocolo Covid, o acto de graduación estará reservado aos familiares do alumnado de 4º ESO.

Obradoiro de meteoroloxía organizado polo MUNCYT de A Coruña e AEMET.
Explicáronnos  que era un frente frío, como se producía e cales eran as súas consecuencias e participamos nun concurso moi entretido por equipos.

Entrevistamos a Lola Dopico, científica investigadora da UVIGO, interesándonos polos seus proxectos. Explicounos que é a “pega hídrica” e animounos a calcular a nosa pega e buscar solucións para reducila.
Pasamos un rato moi entretido e quedamos con moitas ganas de coñecer máis proxectos da Universidade de Vigo.

Nos seguintes enlace pode atopar toda a información sobre a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021-22:

Páxina web da Consellería

Sede electrónica da Xunta de Galicia

Por mor da situación actual, e tal e como recomenda a Consellería, pregamos que fagan as súas solicitudes por vía telemática. En caso de ser que acudir ao centro, deberán reservar cita previa.

Pode descargar os anexos para a solicitude directamente desde aquí.

Xela Arias, o ABCdario tamén se escribe con X.