Hoxe foi un día moi especial que comezou cunha “acampada lectora” baixo a luz das lanternas. Despois, saímos victoriosos do ESCAPE BOOK de Harry Potter onde as nosas habilidades e cultura literaria púxose a proba! Amosámosvos unhas fotos.

Visita á Galería de Arte de Afundación – 2º EP Vídeo 1 Vídeo 2 Vídeo 3 Vídeo 4

Os alumnos de terceiro foron de visita ao parque de bombeiros. Aprenderon moito, quedaron encantados con esta dura profesión. Esta actividade foi organizada pola ANPA. Moitas grazas.

Visita á Galería de Arte de Afundación – 1º E.P. Vídeo 1 Vídeo 2 Vídeo 3

Visita aos bombeiros – 4º E.P.

O día 23 de abril ás 9.30 h. sonou o timbre sen parar porque comezaba a “Acampada Lectora” así que, tiramos as nosas almofadas ao chan e collimos as lanternas porque os profes apagaron as luces e pecharon as persianas. Foi un momento moi especial para celebrar o Día do LIBRO.