Os alumnos de 5º e 6º EP disfrutaron dunha xornada chea de sorpresas e premios para todos participando na II OPEN CHESS, xornada interescolar de xadrez con varios colexios da cidade.
Actividades de xadrez con membros da ONCE, o cubichess, o xadrez xigante, partidas simultáneas …e un interesante torneo que nos deixou con moitas ganas de repetir para o ano que ven.

Preme neste enlace para ver o vídeo:     Open Chess 19 Alborada

Participación das alumnas de 4º ESO Inés Castro e Laura Costas na feira científica “”I giovani e le scienze” en Milán.

16-18 marzo 2019

Os alumnos de 5º EP dedican o recreo dos xoves a ler cos seus afillados de 5 anos. É un momento moi esperado por ambolos dous cursos e moi entrañable xa que non so fomenta a lectura senon que fortalece a relación entre os maiores e pequenos. Podedes ver máis fotos no blog de Infantil 5 anos.

A nosa alumna de 5º EP Sarah Ricón gañou o concurso de debuxo organizado polo Concello de Vigo con motivo de Vigolandia (Nadal). Sarah recibió o premio da man do alcalde da cidade, Abel Caballero. Parabéns!

 

Os alumnos de 5º e 6 EP describiron os traballos que desenvolven as súas nais, debuxáronas e comentamos se había diferenzas cos que desempeñan os seus pais falando da importancia de tratar a unhas e outros como iguais, como profesionais.

Noraboa aos nosos participantes na Exporecerca Jove de Barcelona e parabéns a Jose, Iago e Abel polo seu premio accésit na Categoría A.

Excursión de 5º e 6º EP a A Coruña.

Premede no ENLACE para ver o vídeo.

No mes de febreiro, os alumnos de 5º EP contaron coa presenta de Nigel Webb, xogador de tenis de mesa a nivel internacional, na súa clase de educación física. Aprenderon técnicas básicas e se divertiron moitísimo.

EYP…… Construindo Europa por e para os xóvenes 

Os días 15, 16 e 17 de febreiro alumn@s de 4º ESO participaron na sesión xuvenil rexional de Galicia e Asturias de EYP: organización con espíritu educador encaminada a lidiar coas necesidades da Xuventude Europea.

Durante a fin de semana os rapaces exercitaron o seu pensamento crítico e as súas habilidades políticas e sociais cruciais para o seu futuro profesional e persoal. E todo isto na lingua oficial do Parlamento Europeo: o INGLÉS.

Sen dúbida toda unha intensa e formadora experiencia, noraboa a tod@s, ata o vindeiro ano.

sdr

sdr

sdr

sdr

sdr

sdr