Hoxe a clase de Sociais impartiuna Hipólito, un voluntario do BBVA colaborador do proxecto “Valores de futuro”. Explicounos como funciona un banco, que é unha conta corrente, como funciona a bolsa de valores, que é o PIB e moito máis porque non paramos de facerlle preguntas. Grazas Hipólito!

O alumnado de 3º e 4º ESO acompañou aos alumnos de intercambio finlandeses a unha clase de surf en Patos. Velaquí o resultado da xornada tan divertida que viviron.  

Falemos como galegos!

Tivemos a gran sorte de que polo día das Letras Galegas visitounos Ledicia Costas, a autora dos nosos libros de este ano da clase de Lingua Galega. Tamén tivemos que compoñer a biografía de Antonio Fraguas buscando a información nos pósters da súa biografía.

Os pasados luns, martes e mércores, do 13 ao 15 de maio de 3º a 6º de E. Primaria fomos de campamento á Granxa KIRIKO. Alí vivimos un montón de aventuras. Este é o noso resumo! Que ben o pasamos!