O pasado martes 8 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de primaria visitou o Concello, coñecendo o salón de plenos, a sala de prensa, os seus laboratorios, as oficinas da policía de tráfico e incluso a sala da escola de Danza.

Unha semana máis,  o alumnado de primaria e 1º e 2º da ESO nas clases de educación física, estiveron a probar dunha clase diferente. Tratouse dunha  sesión de Balonmán a cargo do Club Carballal.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
O domingo 16 pola mañá, o alumnado do Colexio Alborada volveu participar no Cross Escolar organizado pola Agrupación  Deportiva Castro-San Miguel que este ano celebraba a súa XXV edición.
Noraboa a todos os participantes!

O alumnado de Ed. Secundaria visitou o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

Álbum de fotos premendo AQUÍ

Durante a semana pasada, o alumnado de primaria e 1º e 2º da ESO, estiveron a probar, nas clases de educación física, unha sesión de badminton a cargo do Club Badminton Cies Vigo.
Moitas grazas pola túa colaboración Jorge!

O alumnado de 5º e 6º EP realizou unha visita ao aeroporto de Vigo.

A partires do luns 4 de xullo poderán recoller na Secretaría do centro os cheques de material escolar. A partires desa data poderán consultar tamén a listaxe de adxudicación de libros de fondo para o alumnado de primaria e secundaria. Lembren que esta información non se poderá dar por teléfono.

A Secretaría estará aberta ata o 15 de xullo de 9,30 a 13,30 horas.