Primeiro premio na feira científica Zientzia Azoka


As nosas alumnas Laura Costas e Inés Castro de terceiro de ESO participaron na Zientzia Azoka de Bilbao onde obtiveron o primeiro premio polo seu proxecto “Deseño dun invernadoiro con autorrego de auga de mar”.

Este premio súmase ós que xa obtiveron na Exporecerca Jove de Barcelona no mes de marzo. Naquela ocasión obtiveron o terceiro premio da súa categoría e o premio especial Water Prize.

Noraboa polo seu gran traballo e por todos os premios obtidos.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *