Nos seguintes enlace pode atopar toda a información sobre a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2021-22:
Páxina web da Consellería
Sede electrónica da Xunta de Galicia
Por mor da situación actual, e tal e como recomenda a Consellería, pregamos que fagan as súas solicitudes por vía telemática. En caso de ser que acudir ao centro, deberán reservar cita previa.
Pode descargar os anexos para a solicitude directamente desde aquí.
Estimadas familias:
Lembrámoslles que tal e como figura no calendario escolar do noso centro, o vindeiro martes 18 de maio é día non lectivo de libre designación aprobado polo Consello Escolar.
Un saúdo.
Programa Primavera Activa 2021 (Xunta de Galicia)
Programa completamente de balde para rapaces e rapazas de 14 a 17 anos durante os fins de semana de maio e xuño no albergue xuvenil de Lugo. Actividades de tecnoloxía, escalada e descubrir Lugo, entre outras.
Cribado covid-19 ao estudantado de secundaria coa colaboración das Oficinas de Farmacia da provincia de Pontevedra
O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra comunica que se está a levar a cabo un programa para a detección de SARS-CoV-2 con mostrar de saliva en población asintomática de 12 a 17 anos coa colaboración das oficinas de farmacia da provincia de Pontevedra.
As familias poderán asistir á sua farmacia de referencia onde lles informarán sobre o procedemento de toma de mostra e lles proporcionarán o tubo de recollida.
Trátase dunha campaña de detección de poboación asintomática, polo que se unha persoa ten síntomas compatibles deberá contactar con seu centro de saúde.
Grazas pola sua colaboración.
O vindeiro venres, 26 de marzo, poderán acceder ás calificacións do segundo trimestre a través da aplicación AbalarMóbil
O día 7 de abril estarán dispoñibles na Secretaria do centro as listaxes provisionais de admitidos para o curso 2021-22.