Unha semana máis,  o alumnado de primaria e 1º e 2º da ESO nas clases de educación física, estiveron a probar dunha clase diferente. Tratouse dunha  sesión de Balonmán a cargo do Club Carballal. Moitas grazas pola vosa colaboración!

O domingo 16 pola mañá, o alumnado do Colexio Alborada volveu participar no Cross Escolar organizado pola Agrupación  Deportiva Castro-San Miguel que este ano celebraba a súa XXV edición. Noraboa a todos os participantes!

O alumnado de Ed. Secundaria visitou o Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Álbum de fotos premendo AQUÍ

Durante a semana pasada, o alumnado de primaria e 1º e 2º da ESO, estiveron a probar, nas clases de educación física, unha sesión de badminton a cargo do Club Badminton Cies Vigo. Moitas grazas pola túa colaboración Jorge!