Clube Alborada

Queridas familias:
Unha vez rematado o tempo de matrícula para as actividades extraescolares e ao non acadar o número mínimo de participantes esixido polas empresas que as realizan, o Colexio Alborada propón como solución para este curso, sendo conscientes dos problemas de conciliación que isto supón, a creación dunha actividade denominada “Clube Alborada” entre as 16:00 e as 17:30 horas de luns a xoves cun custo de 15 euros por familia ao mes independientemente do número de días utilizados e o número de irmáns.

Este servizo estará atendido por un monitor contratado polo centro, alleo ao claustro de profesores. Para facer uso deste servizo e cumprir co protocolo Covid do centro é imprescindible cubrir a INSCRIPCIÓN NO FORMULARIO que se achega a continuación:
https://forms.gle/GpAmBGCoG1hnePEm9

Para o alumnado matriculado na actividade Schoolhouse haberá de balde un servizo de espera optativo antes ou despois das clases.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *