Cumprimente o formulario de preinscripción para que nos poñamos en contacto con vostede para os días de portas abertas.

PREINSCRICIÓN CURSO 2026/27

As familias que estean interesadas en matricular aos seus fillos/as no noso centro poden cumprimentar o seguinte FORMULARIO.

PRAZO DE PREINSCRICIÓN:  do 1 ao 20 de marzo de 2026

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS: desde o 2 de febreiro de 2026

ZONA DE INFLUENCIA DO COLEXIO ALBORADA

EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA (zona 3)

Contén as parroquias de San Paio e Candeán ademáis do lugar ou barriada de Carballal-Cabral, e tendo a súa limitación na Avenida do Aeroporto.

EDUCACIÓN SECUNDARIA (zona 5)

Comprende dende o cruce dos Choróns subindo por Urzáiz (marxe esquerda) ata ó cruce do Couto de San Honorato subindo pola rúa San Roque (banda esquerda), pola rúa de Doutor Carracido e toda a banda dereita da Travesía de Vigo (dende o cruce dos Choróns ata o remate da mesma) (Zona do Calvario)

NORMATIVA REGULADORA DA ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS:

Co obxecto de facilitar o normal desenvolvemento do procedemento de admisión de alumnado nos termos establecidos

– No Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (DOG núm. 29, do 11 de febreiro).

– Na Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro 2022, pola que se desenvolve o decreto e se regula o procedemento de admisión do alumnado (DOG núm. 212, do 8 de novembro)

– O Acordo do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia, no que sexa aplicable.

– Os artigos 40 e 41 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de Medidas fiscais e administrativas, publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de decembro de 2024.

A dirección xeral, de conformidade coa disposición derradeira primeira da Orde do 21 de outubro de 2022, dita as seguintes, instruccións:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O proceso de admisión do alumnado tramitarase mediante a  aplicación informática “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta. gal /admisionalumnado).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá:

a. Solicitudes ordinarias de admisión (ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2026.

CRITERIOS DE ADMISIÓN

Cando o número de solicitudes de admisión presentadas en prazo sexa superior ao de postos dispoñibles no centro, valoraranse os seguintes criterios para fixar unha orde de prelación: 

  1. Irmán ou irmá matriculados no centro. 
  2. Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo da persoa proxenitora, titora ou acolledora. 
  3. Renda per cápita da unidade familiar.
  4. Persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente. 
  5. Familia numerosa.
  6. Alumnado nado de parto múltiple. 
  7. Familia monoparental.
  8. Discapacidade de calquera membro computable da unidade familiar.
  9. Condición de vítima de violencia de xénero. 
  10. Condición de vítima de terrorismo. 
  11. Criterio complementario do centro.

CRITERIOS XERAIS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO:

  • Existencia de irmáns matriculados no centro, acreditarase coa copia do libro de familia- 8 puntos polo primeiro irmán, polo segundo e seguintes 2 puntos por cada un ata un máximo de 14 puntos. Non se obterá puntuación neste apartado cando o/a irmán/irmá estea matriculado no último curso das ensinanzas ofertadas no Centro, con independencia de que poida repetir curso ou non. Nos casos de irmáns nados nun parto múltiple, outorgaráselle a cada un deles a puntuación que establece a orde para irmáns matriculados no Centro sempre que o domicilio familiar estea na mesma área de influencia. No caso de irmáns nados dun parto múltiple sempre que soliciten o mesmo centro, correspóndelles oito puntos se son dous e dez se son máis de dous.
  • Pai/nai/titor legal traballador do centro, acreditarase con certificación do titular do centro visada pola inspección educativa para o persoal docente e contrato de traballo para o persoal non docente 3 puntos.
  • Proximidade do domicilio familiar acreditarase mediante certificado de empadroamento municipal no que figure todos os membros da unidade familiar que conviven nel e a data de alta no concreto domicilio. O empadroamento do alumno deberá ter unha antigüidade dun ano respecto ao fin do prazo da presentación de solicitudes e estar expedido no ano en curso. De tratarse dun cambio de domicilio con menos dun ano de antigüidade, deberá xustificarse coa copia de escritura compravenda ou contrato de aluguer, xuntamente cos últimos recibos de subministración (auga. luz ou gas) a nome dun dos proxenitores do/a alumno/a. Se neses certificados de empadroamento non figura algún proxenitor, o centro requirirá a sinatura e fotocopia do DNI do outro. A garda e custodia non é suficiente para que un dos pais poida solicitar un cambio de centro se ambos proxenitores conservan a patria potestade. A coincidencia do domicilio familiar e fiscal esixirase para os dous proxenitores ou titores legais. De non coincidir, deberán xustificar ese feito e presentar copia de escritura de compravenda ou contrato de aluguer, xuntamente cos últimos recibos de subministracións (auga, luz ou gas) a nome dun dos proxenitores d@ alumn@. No caso de menores que vivan en domicilios distintos aos dos seus proxenitores ou titores legais, necesitarase certificado de convivencia expedido polo concello no que se acredite a convivencia real.
    • Área de influencia do centro 8 puntos.
    • Áreas limítrofes 4 puntos.
  • Proximidade do lugar de traballo do pai/nai/titor legal acreditarase mediante certificado expedido polo titular da empresa e copia do contrato laboral – área de influencia do centro 6 puntos; áreas limítrofes, 3 puntos. O solicitante poderá demandar que se teña en conta o domicilio familiar ou o lugar de traballo, non sendo acumulables as puntuacións polos dous criterios.
  • Rendas anuais da unidade familiar. Considérase que a unidade familiar está composta polos proxenitores non separados legalmente ou parellas de feito rexistradas, ademáis dos/as fillos/as menores de idade ou maiores incapacitados cos que convivan. Nos casos de nulidade, separación ou divorcio, considérase o proxenitor que teña a garda e custodia; se a custodia é compartida, atenderase aos que convivan no domicilio indicado na solicitude. Para a valoración da renda per cápita da unidade familiar, determinarase a cantidade resultante da suma da base impoñible xeral (casilla 435) e da base impoñible de aforro (casilla 460) da correspondente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do ano 2024. Esta cantidad dividirse polo número de membros da unidade familiar referido á data 1 de marzo de 2026.
  • Para a aplicación da puntuación de criterio, utilizarse o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual correspondente ao ano 2024, que está fixado en 7.200 €.
    • Ingresos inferiores 0,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples 3 puntos.
    • Ingresos igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o indicador 2 puntos.
    • Ingresos igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao indicador 1 punto.
    • Ingresos iguais ou superiores ao indicador 0 puntos. Na solicitude de admisión os país/nais/titores legais autorizarán expresamente a utilización da información de carácter tributario que se precisa para a acreditación da renda, que será subministrada directamente á Consellería de Educación pola axencia tributaria. Dita información será a que corresponda ao exercicio fiscal anterior en dous anos a o ano natural no que se presenta a solicitude. A non autorización implica 0 puntos neste apartado.
  • Por discapacidade do alumnado 4 puntos. De calquera das personas proxenitoras, titoras ou acolledoras ou o novo cónyuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora 3 puntos. Discapacidade nalgún dos irmáns do/a alumno/a 1 punto por cada un. Acreditarase mediante certificación do ditame emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou, se é o caso, doutras administración públicas. Así mesmo, terá esa consideración a percepción da pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
  • Condición de familia numerosa: acreditarase mediante fotocopia do título oficial ou carné familiar galego ou da súa solicitude de familia numerosa (neste caso aportarase fotocopia compulsada do título ou carné antes da resolución definitiva da admisión). Aceptarase tamén o certificado de familia numerosa para familias formadas por dous fill@s e outro non nado. Deberá estar en vigor á finalización do prazo de presentación de solicitudes.
    • Categoría especial: 3 puntos
    • Categoría xeral: 2 puntos
  • Condición de familia monoparental: enténdese por familia monoparental a composta por un único proxenitor/a que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e teña fillos/as menores ao seu cargo, sempre que o/a outro/a proxenitor/a non contribúa economicamente ao seu sustento. Nos casos de viuvez ou orfandade, se se percibe unha pensión, non se considerará familia monoparental. Acreditarase mediante fotocopia do libro de familia, certificado de convivencia , convenio regulador e resolución xudicial, 2 puntos.
  • Condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar, 2 puntos.
  • Condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar, 2 puntos.
  • Criterio complementario do centro: fillos/as de exalumnos/as do centro, 1 punto.

IMPORTANTE: a documentación que se presente en calquera trámite do procedemento deberá ser orixinal ou copia cotexada (punto 2 do artigo 16 da orde do 13 de marzo de 2013)

DATAS:

  • Prazo de preinscripción: do 1 ao 20 de marzo de 2026.
  • No caso de baremo, 10 días hábiles contados desde o día seguiste ao de remate do prazo para presentar solicitudes.
  • Ata o 25 de abril, publicación provisional de admitidos e non admitidos.
  • Desde a publicación da listaxe provisional de admitidos e non admitidos, haberá 5 días hábiles para a presentación de reclamacións.
  • Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos, antes do 15 de maio.
    • Presencialmente:  no taboleiro do centro que unicamente poderá ser visible dende o interior do recinto escolar.
    • Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisión alumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave 365
    • Non está admitida a publicación na páxina web do centro ou taboleiros visibles dende o exterior do centro.
  • Os prazos de formalización de matrícula serán os seguintes:
    • Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de educación infantil e primaria.
    • Do 23 de xuño ao 7 de xullo para o alumnado de educación secundaria obrigatoria.

Se unha vez finalizado o prazo de matrícula, esta non se formalizase, terase por decaído o dereito á praza obtida.

ANULACIÓN DE SOLICITUDES POR DUPLICIDADE:

  • Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar.
  • Sen prejuízo da garantía de permanencia, poderá presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e prazo establecidos na orde.
  • O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
  • Este alumnado perderá o dereito de permanencia no centro de orixe se figura admitido na listaxe definitiva de admitidos do novo centro.

CUBRIR O APARTADO DE OUTROS CENTROS, POR ORDE DE PREFERENCIA, E PRESENTAR A SOLICITUDE NO CENTRO DE PRIMEIRA OPCIÓN.

A ADMISIÓN E A MATRICULACIÓN NUN CENTRO DOCENTE PÚBLICO OU PRIVADO CONCERTADO IMPLICARÁN RESPECTAR O PROXECTO EDUCATIVO E O CARÁCTER PROPIO DO CENTRO PRIVADO CONCERTADO.

CADRO DE VACANTES

CADRO VACANTES 2026_27