,

Rutas por España – 2º, 3º, 4º ESO

III RUTA POR ESPAÑA: CÁCERES, MÉRIDA E SALAMANCA

A primeira viaxe do curso 2017-18 fixémola os días 10,11 e 12 de outubro. Un total de 29 alumnos de 2º,3º e 4º de ESO foron os protagonistas desta ruta polas ciudades de Cáceres, Mérida e Salamanca.

O noso obxectivo é dar a coñecer o noso patrimonio artístico cultural, respetalo e valoralo dun xeito adecuado. O percorrido iniciouse en Cuacos de Yuste onde visitamos o Monasterio de Yuste zona elexida polo Rei Carlos I para o seu retiro. Os rapaces contemplaron con especial curiosidade o sillón que utilizaba o monarca que sufría a enfermidade da gota.

Atravesando o val do Xerte na comarca da Vera chegamos a zona histórica de Cáceres; foi visitada polos alumn@s realizando dous recorridos: diurno e outro nocturno (Torre Bujaco, Arco Estrela, Palacio Veletas, Estatua de San Jorge…).

Emérita Augusta foi o destino elexido para contemplar a vida do imperio Romano en Hispania:

o seu teatro, anfiteatro, casa Mitra,circo,termas e acuedutos todo un descubremento.

O Museo de arte Romano de Mérida, obra do mestre Rafael Moneo ,supuxo o fin da nosa experiencia romana.

E para rematar visita a Salamanca no casco histórico: Praza maior, Catedrais, Portada da Universidade, Casa das cunchas… e tamén tivemos a oportunidade de disfrutar dunha visita guiada polo Museo da Automoción en España.

Esperamos a vosa participación na IV Ruta por ESPAÑA o vindeiro ano,

CAL SERÁ O NOSO NOVO DESTINO?

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *